Alma García

Esta coruñesa respirou a cociña da súa avoa Marina e do seu pai, que rexentou a emblemática Casa Odilo. Tras pasar polas cociñas do Hotel NH Atlántico, o Restaurante Cienfuegos, Pantalán Club de Golf ou Pandelino, fai tres anos abriu Greca xunto ao seu socio Víctor Rubio.

Alma García aposta nos seus pratos polos produtos de tempada. Non obstante, na súa cociña combina produtos locais con outros de importación. Os produtos do mercado e os peixes da lonxa son a base da súa cociña, clásica pero que incorpora técnicas máis modernas, innovadoras e toques exóticos.

ESTABLECEMENTO

Greca Bar

TEMÁTICA

Bocata Atlántico

CANDO?

Domingo 2
De 17:00 a 17:45 h

Queres participar neste showcooking?

A inscrición é gratuíta ata completar aforo.
Bule!

Cupo de inscricións alcanzado.