Álvaro Victoriano

Namorado da gastronomía galega e dos produtos atlánticos, Álvaro Victoriano chega á Coruña desde a súa Asturias natal tras dar os seus primeiros pasos no casino de Madrid. En Jockey, un dos restaurantes máis importantes da capital, conságrase como cociñeiro. Na súa etapa galega foi xefe de cociña no restaurante El de Alberto durante dous anos, logrando ser mencionados na guía Michelin. Tamén foi director gastronómico do Grupo 57, onde puxo en marcha o Atlántico 57.

Desde 2017 é copropietario do restaurante Peculiar. Recentemente, este mes de novembro, abre Intenso, tamén na cidade herculina. Este chef combina a materia prima galega coa súa gran creatividade para ofrecer pratos únicos con chiscadelas á terra e moita innovación. A cociña de fusión de Álvaro é creativa, innovadora e con gran sentido artístico. A súa cociña e a súa cabeza nunca descansan.

ESTABLECEMENTO

Intenso

TEMÁTICA

Bocata de Autor

CANDO?

Domingo 2
De 13:30 a 14:15 h

Queres participar neste showcooking?

A inscrición é gratuíta ata completar aforo.
Bule!

Cupo de inscricións alcanzado.