Belén García

Belén García é a cara visible en Mesón Octavio en Ciudad Real desde fai máis de 20 anos. É, ademais, sumiller titulada, con mestrado en dirección de Bodegas e Comercialización de Viños. Preparación, perseverancia e tenacidade son as claves no traballo desta apaixoada polo viñoe a súa cultura. Os premios sucédense para Belén García ata que consegue a máxima distinción en 2012, recibindo o premio á mellor Maitre-Sala de España.

Belén exerce como xefa de sala no restaurante familiar que rexenta xunto aos seus irmáns. Mesón Octavio é unha casa de comidas onde alimentar o estómago e a alma, con propostas que teñen a materia prima como protagonista. Os seus pratos máis tradicionais renóvanse constantemente con ingredientes novos. O seu restaurante loce un Sol Repsol e o Premio Miguel de Cervantes de Gastronomía de Castilla-La Mancha.

ESTABLECEMENTO

Mesón Octavio

TEMÁTICA

Pendente

CANDO?

Sábado 1
De 16:00 a 16:45 h

Queres participar neste showcooking?

A inscrición é gratuíta ata completar aforo.
Bule!

Cupo de inscricións alcanzado.