Daniel López

Daniel López está detrás de Josefa’s Bar, unha divertida aposta na hostalaría ferrolá. A señora Josefa é quen se pon ao fronte dos seus fogóns, levándonos ao mundo das nosas avoas, tanto na súa forma de falarnos como na cociña: tradicional, próxima e caseira. Pratos que nos coidan, con produtos da horta, do mercado e de temporada.

Tras pasar polos fogóns de restaurantes como Casa Marcelo e Le Bistrot du Paz (Francia), este novo cociñeiro vove a Ferrol e inaugura en 2010 O Camiño do Inglés. A de Daniel López é unha cociña de vangarda inspirada na gastronomía internacional pero baseada no produto autóctono. Os recoñecementos sucéndense. En 2017, a Guía Michelin outórgalle o selo Bib Gourmand por elaborar unha cocinña de calidade a prezo asequible. Ese ano tamén gaña o Campionato de España de Tapas no Salón de Gourmets e é finalista no Certame “Cocinero Joven del Año” no Fórum Gastronómico de A Coruña.

ESTABLECEMENTO

O Camiño do Inglés / Josefa´s Bar

TEMÁTICA

Bocatas do Mundo

CANDO?

Domingo 2
De 12:30 a 13:15 h

Queres participar neste showcooking?

A inscrición é gratuíta ata completar aforo.
Bule!

Cupo de inscricións alcanzado.