Gonzalo Somoza

Tras dedicarse ao mundo empresarial, é en 2016 cando Gonzalo Somoza comeza coa súa paixón: a cociña. Nese año fíxose co primeiro Premio Incitus e en 2017 estaba abrindo Koh Lanta na Coruña. As súas propostas culinarias atopan a súa inspiración nos postos de street food asiáticos e nelas non falta a mistura de sabores, desde doce e picante ata agre e amargo.

A súa cociña transmite as sensacións que o propio Gonzalo experimentou na súa viaxe por Tailandia. En Koh Lanta trasládanos ao sudeste asiático e invítanos a saborear os pratos máis deliciosos e estimulantes que el probou na súa expedición oriental.

ESTABLECEMENTO

Koh Lanta

TEMÁTICA

Bocatas do Mundo

CANDO?

Domingo 2
De 16:00 a 16:45 h

Queres participar neste showcooking?

A inscrición é gratuíta ata completar aforo.
Bule!

Cupo de inscricións alcanzado.