Iván Domínguez

Iván Domínguez define a súa cociña como Atlántica, máis próxima á cociña nórdica: sinxeleza na preparación, evolución das presentacións e as coccións, e elaboración íntima con produtores locais. Se algo distingue a Iván é a busca da harmonización de sabores: un estilo sutil e elegante que logra resaltar a materia prima de forma soberbia.

Comezou a súa carreira como cociñeiro en buques da Armada Española hai 15 anos. Tras formarse no IES Fragas do Eume, dirixiu cociñas de prestixio como Casa Marcelo, con Estrella Michelin, Loxe Mareiro e Grupo Amicalia (Arallo Taberna, Ánima, Alabaster e Alborada, con Estrella Michelin). Agora inicia o seu proxecto máis persoal na cidade que o viu nacer: A Coruña. O concepto Militancia Atlántica estará máis presente ca nunca.

ESTABLECEMENTO


TEMÁTICA

Bocata Atlántico

CANDO?

Sábado 1
De 14:30 a 15:15 h

Queres participar neste showcooking?

A inscrición é gratuíta ata completar aforo.
Bule!

Cupo de inscricións alcanzado.