Jaiver Freijeiro & Moncho Bargo

Javier Freijeiro – PRACER
Máis de 15 anos dedicado á cociña; anos que levaron a Javier a pasar por cociñas das Baleares, Valencia ou o País Vasco, a formar parte do equipo do “estrelado” Mirador de Ulía e a decidir volver a Galicia para ser instalar na Coruña e enfrontarse ao reto de dirixir varias cociñas á vez e darlles un estilo común, nunha liña condutora con personalidade propia. Sabores do mar de Galicia, das rías e de proximidade adaptados á primeira liña de praia, pero tamén a unha contorna máis urbana e á tradición coruñesa de compartir a gastronomía con amigos, de saír, de gozar do produto e do ambiente.
Moncho Bargo – PRACER
Cultura urbana, cociña urbana. Influencias asiáticas e mediterráneas que Moncho trae da súa aprendizaxe en diferentes restaurantes, pero tamén das súas viaxes, tatuaxes, guitarras, locais de ensaio, postos de comida nas rúas, mercados… Elementos que o cociñeiro vai cargando na súa mochila e que lle dan forma a unha maneira de entender a gastronomía, a pratos que reflicten unha personalidade, a propostas viaxeiras, abertas ao mundo. Unha cociña que encaixa como unha luva nunha cidade que sempre anda na procura de novas experiencias.
ESTABLECEMENTO
PRACER
TÍTULO
BOCATAS DEL MUNDO
CÁNDO?
Domingo 5
De 13.30-14.15 h
¿Queres participar neste showcooking?
A inscrición é gratuita ata completar aforamento.
¡Date prisa!
Cupo de inscricións alcanzado.